Novidades   |   GNU     GNOME     KDE  
  Información   |   Mozilla     OpenOffice     Aplicacións  
  Axuda   |   Guías     Howto     Distribucións  
  Enderezos   |   Ispell     Fortunes     Outros  

HOWTOs (información completa)


Data de actualización: 26-5-2000
 


Cortalumes HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: Firewalling and Proxy Server HOWTO David Rudder ?
Traducción: Cortalumes HOWTO Mario Castiñeira Redondo 3 de Agosto de 1999

Introducción: O obxectivo deste documento é ensinar as bases da instalación dun cortalumes mediante un PC e Linux. Tamén tratar a instalación e o uso de Servidores Proxy, dispositivos estes cos que se consegue un maior nivel de acceso a  Internet dende detrás dun cortalumes. Titulo orixinal: "Firewalling and Proxy Server HOWTO" Título alternativo proposto polo autor: "The ride of the lonely local area network", é dicir "A balada da rede local solitaria".

Licencia: Este documento non está baixo ningunha licencia explícita. Permítese a redistribución por calquera medio sempre que se manteña intacto o aviso de dereitos sobre propiedade intelectual (copyright); e as traduccións e/ou traballos derivados teñen que estar cubertos por este copyright.

Especial: Hai unha versión máis nova deste documento, o autor deste é Mark Grennan, versión 0.8, 26 de Febreiro do 2000. Este documento non está mantido pol@ traductor@.

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]


Cor-ls mini-HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: Colours with Linux terminals mini-HOWTO Thorbjørn Ravn Andersen v1.4, 7 Agosto de 1997
Traducción: Cores con terminais Linux mini-HOWTO Marcial Rodríguez González 6 de Agosto de 1999

Introducción: A maioría das distribucións do Linux teñen un comando 'ls' para o listado dos contidos dun directorio que pode incrementar visualmente a saída por medio do uso de diferentes cores, mais a configuración disto ao teu gusto pode non ser unha tarefa trivial. Este documento explica os variados aspectos e principios da alteración da canfiguración, usando o software existente, ademais das localizacións de software alternativo, normalmente non incluído co Slackware ou o RedHat, que pode ser usado na maioría das versións de Unix. A versión orixinal en Inglés pode ser baixada de: http://www.mip.ou.dk/ravn/colour-ls .

Licencia: Este documento non está baixo ningunha licencia.

Especial: Este documento non está mantido pol@ autor@ nin pol@ traductor@.

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]


Linux+FreeBSD mini-HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: Linux+FreeBSD mini-HOWTO Niels Kristian Bech Jensen v1.7, 18 de Xuño de 1998
Traducción: Linux+FreeBSD mini-HOWTO WoDeN 5 de Xaneiro do 2000

Introducción: Este documento describe como usar Linux e FreeBSD no mesmo sistema. Fai unha introducción a FreeBSD e fala de como poden coperar os dous sistemas operativos, por exemplo compartindo espacio de intercambio. Deberías ter algunha experiencia con Linux ou FreeBSD e o particionado de discos duros (fdisk) antes de ler este documento. Os consellos dados eiquí foron probados utilizando FreeBSD 2.2.2, pero tamén deberían ser válidos pra versións posteriores. Non dubides en enviarme un correo-e se tes comentarios, preguntas ou suxerencias sobre este documento. Gostariame tamén escoitar á xente que ten experiencia usando Linux xunto con NetBSD ou OpenBSD.

Licencia: Licencia do LDP.

Especial: Hai unha nova versión de Marzo do 2000.

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]


Multiarranque con LILO mini-HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: Win95+WinNT+Linux multiboot using LILO mini-HOWTO Renzo Zanelli v1.0, 26 de Marzo de 1998
Traducción: Win95+WinNT+Linux multiarranque usando LILO mini-HOWTO Formi 8 de Agosto de 1999

Introducción: Este documento describe cómo usar o sistema de multiarranque entre Windows 95, Windows NT e Linux.

Licencia: Este documento non está baixo ningunha licencia.

Especial: Este documento non está mantido pol@s traductor@s.

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]


Particións en Linux mini-HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: Linux Partition HOWTO Kristian Koehntopp v2.4, 3 de Novembro de 1997
Traducción: Particións en Linux mini-HOWTO Manuel A. Fernández Montecelo 5 de Novembro de 1999

Introducción: Este mini-HOWTO de Linux ensínache a planificar e dispoñer o espacio no disco para o teu sistema GNU/Linux. Fala sobre hardware de disco, particións, consideracións sobre o tamaño e posición do espacio de intercambio (swap), sistemas de ficheiros, tipos de sistemas de ficheiros e temas relacionados. Téntanse ensinar bases de coñecemento, non procedementos.

Licencia: Este documento non está baixo ningunha licencia. Aínda así, @ traduct@r ten permiso explícito d@ autor@ para traducilo e/ou modificar o orixinal.

Especial: Nova versión, Maio do 2000.

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]


Promoción mini-HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: Advocacy mini-HOWTO Paul L. Rogers v0.5, 7 de Maio de 1998
Traducción: Promoción de Linux mini-HOWTO WoDeN 29 de Outubro de 1999

Introducción: Este documento proporciona suxerencias para que a comunidade Linux promocione dun xeito efectivo o uso de Linux.

Licencia: Libre distribución e traducción (se se inclúe unha nota dicindo quen o traduciu), retendo o dereito sobre propiedade intelectual (copyright).

Especial: -

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]


SLIP mini-HOWTO

[Nome] [Autor@s / Traductor@s] [Versión / Data]
Orixinal: SLIP mini-COMO Manuel Soriano
?
Traducción: SLIP mini-HOWTO Mario Castiñeira Redondo 10 de Agosto de 1999

Introducción: Cómo configurar Linux para usar TCP/IP por cable serie mediante SLIP.

Licencia: Este documento non está baixo ningunha licencia.

Especial: Este documento é orixinal de INSFLUG, non do LDP; e non está mantido pol@s traductor@s. Como se dan conxuntamente estas dúas circunstancias, non nos preocuparemos de mirar se hai novas versións do documento.

Formatos: [HTML] [HTML.tar.gz] [txt] [SGML] [PS] [DVI]