Proxecto Trasno

Benvido/a á web do Proxecto Trasno.

O Proxecto Trasno é unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego. Os grupos están integrados por tradutores voluntarios e están sempre abertos a máis colaboracións. Levamos a funcionar desde o ano 2000, aínda que algúns dos proxectos aquí reunidos existen desde o 1999.

Novas

  • 12/11/2009: Acaba de saír openSuse 11.2 cun nivel de tradución ao galego do 67%. En próximas versións mellorarase tanto o nivel de tradución como a súa calidade.
  • 26/10/2009: Acaba de publicarse Mandriva Linux 2010 Adelie cun nivel de tradución ao galego do 83%. En próximas versións mellorarase tanto o nivel de tradución como a súa calidade.
  • 17/10/2009: Reunidos en asemblea constituinte en Santiago de Compostela decídese a aprobación e sinatura dos estatutos para a formación da “Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno” e apróbase a primeira directiva da asociación, que inicia agora os trámites oficiais no rexistro autonómico de asociacións.
  • 14/05/2009: Parte dos trasnegos da zona da Coruña reuniuse hoxe pola tarde para debater o futuro de Trasno e outros temas relacionados co mesmo.
  • 30/04/2009: Fixemos unha charla no CEIP de Atios (Valdoviño), que tratou acerca do software libre en xeral e da i18n e l10n en particular. Está a disposición pública a presentación empregada para a parte de l10n.
  • 15/04/2009: Na Xuventude Galiza Net deste ano celebrouse un obradoiro básico sobre tradución de software libre organizado polo Proxecto Trasno. Está a disposición pública a presentación empregada para a charla introdutoria.
  • 27/01/2009: Publicouse KDE 4.2, coa gui traducida ao galego. Para KDE 4.3 o equipo de tradución agarda mantela completa e facer melloras na calidade das traducións. Participaron directamente en 4.2: Miguel Branco, Xosé Calvo, Sara Barreiro Riveiro, filla de Miguel Solla, que nos achegou ficheiros de son de KTuberling, e Marce Villarino.

Novas antigas

Colaboradores

Velaquí os proxectos e grupos de tradución que se agrupan no Trasno
(máis información sobre colaborar dentro de cada sección): colaborar.jpg

Grupos externos

Ademáis dos proxectos mostrados enriba, outras aplicacións de software libre están a ser traducidas por grupos externos a Trasno. Nestas páxinas hai máis información sobre estas traducións:

 
inicio.txt · Última modificación: 2009/11/18 18:28 por unho
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki