Lista de correo
A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os
proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto
central de coordinación e de intercambio de información e opinións
entre os colaboradores dos diferentes grupos.
O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e
de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou
30 mensaxes de media mensual.
Tamén temos ficheiros históricos, comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual.
http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/
Podes consultar os ficheiros da lista pola Web sen necesidade de te subscribires.
http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/info.html
Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas.
Para te subscribir á lista:
- Envía unha mensaxe a proxecto-subscribe@trasno.net.
- Subscríbete na páxina http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
Para mandar mensaxes á lista, escribe ao enderezo proxecto@trasno.net.
Se tés problemas, escribe a proxecto-owner@trasno.net.