Lista de correo
A comunicación diaria da xente do proxecto realízase mediante listas de correo. Esa canle de comunicación pon en contacto a toda a xente que participa nos proxectos de tradución e fai de punto central de coordinación e intercambio de información e opinións. Se queres colaborar no proxecto, subscríbete á lista:
- Para subscribirte á lista, envía unha mensaxe a proxecto-subscribe en trasno.net ou entre na web .
- Para enviar mensaxes puntuais á lista, escribe ao enderezo proxecto en trasno.net.
- Se tes problemas, escribe a listas en trasno.net.
Arquivos da lista
Podes consultar os arquivos da lista polo Web, sen necesidade de te subscribires. Desde o inicio do Proxecto Trasno no ano 1999, a súa lista de correo tivo diferentes enderezos, e agora mesmo no sitio web do Proxecto Trasno só se poden consultar os arquivos máis recentes do último enderezo da lista de correo-e do Proxecto Trasno:
Para facilitar a consulta de todos os arquivos de todas as listas do Proxecto Trasno estes reuníronse nun único arquivo que se pode consultar en calquera dos seguintes lugares:
Ademais mail-archive.com fornece unha fonte RSS:
Chaves GPG
Se es usuario de gpg, podes descargar as chaves públicas de case todos os integrantes da lista, ou tamén podes empregar en terminal/consola a orde:
wget -O- http://trasno.net/ficheiros/anel-gpg-trasno.txt | gpg --import

Fonte RSS dos arquivos da lista fornecida por mail-archive.com

