Novidades   |   GNU     GNOME     KDE  
  Información   |   Mozilla     Aplicacións     Distribucións  
  Axuda   |   Guías     Howto     Páxinas man  
  Enderezos   |   Ispell     Fortunes     Outros  

Info | Mandrake | Debian | RedHat | SuSE

Colaboración na traducción de distribucións de Linux

As distribucións de Linux son o principal medio de contacto dos usuarios co sistema operativo. Eles se encargan de recolle-las últimas versións de tódolos paquetes, nos que xa se inclúen as traduccións que nós facemos.

Pero ademais disto, cada distribución ten un conxunto de programas de instalación e de administración propios, así como en determinados casos algún tipo de documentación. Esta sección trata sobre esas traduccións particulares.

Estas son as distribucións que teñen ata agora traduccións a galego:

Aínda quedan moitas outras (Conectiva, Caldera, Corel..., e as de ámbito español, como Hispafuentes, ESware, Eurielec, etc...). Algunhas delas xa están automaticamente traducidas ó estar RedHat (por estaren baseadas nela).

Se queres inicia-la traducción dalgunha delas, probablemente terás que falar con eles, coñecer as utilidades que teñen, e comezar a traducilas. Para que o teu traballo se inclúa nesta páxina, avísao na lista de correo.