WordPress 3.5 dispoñible en galego
Enviado por unho o mér, 01/16/2013 - 12:21Acaba de publicarse WordPress 3.5 e está dispoñíbel en galego grazas ao excelente traballo da comunidade de tradución ao galego de WordPress.
Esta nova versión inclúe múltiples melloras entre as que se poden destacar un novo xestor multimedia, un novo tema predeterminado ou diversas melloras no panel.
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
- Ler máis
GALPon publica unha Debian Cheat en formato Cubo
Enviado por mbouzada o lun, 12/17/2012 - 11:58Desde GALPon informan que veñen de publicar un «Debian Cheat Cube» , ou o que é o mesmo, unha «chuleta» para imprimir en cartulina, recortar e encolar, cunha escolma de ordes e a súa explicación en galego, para sistemas Debian.
Pódese descargar de: http://gruvi.galpon.org/arquivos/Cheat-Debian/galego/Debian_Cheat_Cube_G...
Os fontes (e outros idiomas) están accesíbeis en: http://gruvi.galpon.org/arquivos/Cheat-Debian/
- blogue de mbouzada
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
Mozilla Firefox 17 en galego
Enviado por miguelbranco o mér, 11/21/2012 - 21:58Versión tras versión o equipo de localización ao galego, coordinado por Enrique Estévez, consegue o navegador Mozilla Firefox na nosa lingua.
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
- Ler máis
Líberase GALPon MiniNo v2.0, unha distribución de GNU/Linux para equipos con poucos recursos hardware
Enviado por miguelbranco o ven, 11/16/2012 - 14:37GALPon, o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra celebra hoxe o seu décimo aniversario. Para conmemorar o día liberan a nova versión da súa distribución GALPon MiniNo v_2.0 aka Ártabros e estréanlle unha nova web, construída sobre Drupal. E como non, téñenchenola ao cento por cento na nosa lingua galega!.
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
- Ler máis
Nova actualización da lista de memorias de tradución en formato TMX
Enviado por unho o xov, 10/25/2012 - 14:47 O Proxecto Trasno acaba de rematar unha gran actualización da lista de memorias de tradución en formato estándar TMX (Translation Memory eXchange) e que se poñen a libre disposición de todas aquelas persoas interesadas.
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
- Ler máis
Trasno presenta Ubuntu 12.10 co galego como 14 idioma máis completo
Enviado por meixome o xov, 10/18/2012 - 23:57Máis que palabras unha imaxe que di case... todo. A comunidade de galeguización de software libre de Ubuntu, O Ubuntu Galician Team que está integrado en gran medida por membros tamén de Proxecto Trasno acada o 14 lugar entre todos os idiomas do mundo en completar a máis popular distribución GNU/Linux, como resultado do seu esforzo constante e de longo prazo sen máis axudas que as achegas voluntarias dos seus membros. Pero necesitamos máis colaboración. Únete ao equipo para completar o que nos falta.
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
- Ler máis