Líberase GALPon MiniNo v2.0, unha distribución de GNU/Linux para equipos con poucos recursos hardware

GALPon, o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra celebra hoxe o seu décimo aniversario. Para conmemorar o día liberan a nova versión da súa distribución GALPon MiniNo v_2.0 aka Ártabros e estréanlle unha nova web, construída sobre Drupal. E como non, téñenchenola ao cento por cento na nosa lingua galega!.

Nova actualización da lista de memorias de tradución en formato TMX

Logotipo do Proxecto Trasno O Proxecto Trasno acaba de rematar unha gran actualización da lista de memorias de tradución en formato estándar TMX (Translation Memory eXchange) e que se poñen a libre disposición de todas aquelas persoas interesadas.

Trasno presenta Ubuntu 12.10 co galego como 14 idioma máis completo

Máis que palabras unha imaxe que di case... todo. A comunidade de galeguización de software libre de Ubuntu, O Ubuntu Galician Team que está integrado en gran medida por membros tamén de Proxecto Trasno acada o 14 lugar entre todos os idiomas do mundo en completar a máis popular distribución GNU/Linux, como resultado do seu esforzo constante e de longo prazo sen máis axudas que as achegas voluntarias dos seus membros. Pero necesitamos máis colaboración. Únete ao equipo para completar o que nos falta.

A OSL do CIXUG e Trasno formarán a futuros profesionais da tradución na localización de Software Libre ao galego

Aberto prazo de inscrición para o público en xeral ata o domingo 21 de dutubro. De haber quórum suficiente repetirase o obradoiro en aberto.

O Proxecto Trasno estará na Libre Software World Conference '12

Libre Software World Conference 12 O vindeiro 18 e 19 de outubro celebrarase a terceira edición da Libre Software World Conference na cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A LSWC'12 será o maior evento realizado en España sobre o Software Libre e suporá un punto de encontro a nivel internacional grazas á participación de expertos e profesionais de diferentes países.

A Trasnada 12.1 - O Proxecto Trasno xúntase en Pontevedra

No Proxecto Trasno continuamos coas xuntanzas que chamamos as «Trasnadas», aquelas que, especialmente, en persoa nos permiten axilizar o debate sobre da nova terminoloxía coa que nos atopamos no software libre e fixalo.

Onde é?