Publicación de GNOME 3.6: 100% traducido ao galego

De novo o Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.6. Esta última actualización de GNOME 3 representa 6 meses de duro traballo do Proxecto GNOME.

Como xa ven sendo costume o grupo de tradución de GNOME ao galego traballou duro para ter a esta nova versión completamente traducida ao Galego, pero ademais coa sorpresa de contar coa documentación base traducida ao Galego. Desta forma complétase a experiencia de GNOME en Galego por tódolos recunchos. Calquera dúbida que teña un usuario no uso de GNOME poderáo consultar no seu propio idioma.

Desde a última versión , 3.4, aproximadamente 980 persoas fixeron 31500 cambios a GNOME. Das cales perto de 700 son contribucións do grupo de tradución de Galego. Calquera pode involucrarse en GNOME para axudarnos a mellorar o noso software. Se está interesado en traballar en GNOME, pode unirse.

Novo Firefox 15

Logotipo FirefoxA Fundación Mozilla e o equipo de localización ao galego dos produtos da Fundación Mozilla infórmanos desta nova versión na que dende agora colabora a Oficina de Software Libre do CIXUG, patrocina

LibreOffice 3.6.1 versión para todos os públicos

Na seguinte nota de prensa que nos remite a Oficina de Software Libre do CIXUG faise un repaso polas principais melloras da suite ofimática que desenvolve The Document Foundation. Esta nova versión de 3 díxitos (3.6.1) é a versión recomendada polo equipo galego para o uso xeral.

Actualización da lista de memorias de tradución en formato TMX

Logotipo do Proxecto Trasno O proxecto Trasno acaba de rematar unha gran actualización da lista de memorias de tradución en formato estándar TMX (Translation Memory eXchange) que o Proxecto Trasno pon a libre disposición de todas aquelas persoas interesadas.

O Proxecto Trasno publica os acordos terminolóxicos da Trasnada 12.0

Logotipo do Proxecto Trasno

A AC Proxecto Trasno outorgará a «Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC» no Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre do 2012

A AC Proxecto Trasno participará este ano na V edición do «Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre (SwL)» outorgando a «Mención especial á promoción da lingua galega nas TIC».