Obtén o KBabel

Obtén o KBabel

Se usas unha distribución usual, emprega o xestor de paquetes que
che forneza para instalar o KBabel, xa que adoita estar sempre
dispoñíbel (se o está o resto de KDE).

Abre KBabel

Unha vez aberto o KBabel, diríxete ao menú “Proxecto” e
“Configurar….”. Dende alí edita primeiro os teus datos de tradutor.
Verás un apartado “Identidade” como o seguinte. Éncheo.


NOTA: Se estás a traducir o KDE4, debes ter en conta
que se mudou de infraestrutura para usar ficheiros po estándar. Isto
implica que deberás ter instalada a versión 0.16 ou máis recente,
ademais, no campo “Cabeceira de forma plural de GNU”, debes escribir “nplurals=2; plural=(n != 1)”Listado de formas do plural en distintas linguas

Logo vai ao apartado “Cartafoles” e especifica o camiño aos cartafoles que creaches coas ordes:

 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n/gl/messages/ 
svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n/templates/

(se non executaches estas ordes faino agora dentro dalgún cartafol
do teu sistema de ficheiros, por exemplo o teu cartafol persoal)

É dicir, algo semellante a isto:


Para poder anovar o teu repositorio de planteis e traducións
(templates e messages) tes que indicarlle a KBabel qué orde executar
dentro destes cartafoles. Para elo vai agora ao apartado “Comandos dos
cartafoles” e engade unha entrada coma a que se amosa na seguinte
imaxe. Ponlle de nome por exemplo “SVN Update” e o comando é “svn
update”.


Xa tes listo o teu KBabel. A fiestra principal serve para traducir
directamente. Para ir ao xestor de catálogos hai unha entrada no menú
“Ferramentas”. Tamén podes iniciar sempre (sen abrir o editor de
KBabel) o xestor de catálogos baixo o nome “catalogmanager”. O xestor
de catálogos amosarase como este:


Está a estrutura de cartafoles e dentro de cada cartafol unha serie
de paquetes ou ficheiros *.po. Para traducir ou ver un destes
ficheiros, fai dobre clic sobre el. Unha vez traduzas algo, podes
mandarllo ao coordinador marcando os ficheiros que che interese
(facendo clic a segunda columna á altura de cada ficheiro que
modificaras) e dende o menú ferramentas executar “Enviar correo cos
marcados”. O programa fará un paquete con todo o que marcaras e
abrirase unha mensaxe de correo co arquivo adxunto correspondente para
que llo envíes ao coordinador actual de KDE (xabigf@gmx.net).
Dende ese menú (”Ferramentas”) hai ademais varias opcións interesantes
como “Comprobar Sintaxe”, “Revisar Ortografía” ou “Estatísticas”. Por
último, para poder anovar (ou sexa, obter as últimas mudanzas feitas
polos tradutores ou os trocos introducidos polos desenvolvedores que
afecten ás mensaxes) usando os comandos que configuraches, fai clic co
botón dereito do rato sobre o cartafol principal (Mensaxes) e escolle
“SVN Update” dende a entrada “Comandos dos cartafoles”.