Mozilla Firefox

En Mancomun están traducindo o Mozilla Firefox 2 usando Entrans partindo do traballo de Jacobo Tarrío. Podedes colaborar nesta tradución indo a http://www.mancomun.org/entrans/main.php?root=9.

En Galego21 existen dous proxectos activos para traducir o navegador Mozilla Firefox e o cliente de correo Mozilla Thunderbird. Aínda non están finalizados, pero están nas últimas fases. (Isto xa non é actual, a web cambiou de sitio ¿cal?. Creo que a web desapareceu)

Ademáis disto, Jacobo Tarrío recolle na súa páxina persoal as últimas traducións que ten feitas para o Mozilla Firefox 1.5.x.

Tamén existe o grupo Galician en Mozdev, pero semella que parou a súa actividade por ser equivalente á de Galego21.

Ignacio Casal fixo unha extensión da traducción de Galego21, para que sexa máis sinxelo instalala, se a queredes está aquí

Ligazóns:

  • Web oficial da suite de aplicacións Mozilla
  • Páxina e wiki do MLP (Mozilla Localization Project)
 
outros/firefox.txt · Última modificación: 2007/01/10 20:50
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki