Novidades | | | GNU | GNOME | KDE | |
Información | | | Mozilla | Aplicacións | Distribucións | |
Axuda | | | Guías | Howto | Páxinas man | |
Enderezos | | | Ispell | Fortunes | Outros |
Xa están dispoñibles as definicións de locales. Estes ficheiros, feitos por Jacobo Tarrío, conteñen todo o necesario para:
- Amosar correctamente os caracteres de 8 bits da lingua galega (LC_CTYPE)
- Ordear alfabéticamente de acordo coas características do galego (LC_COLLATE)
- Representación correcta dos números (LC_NUMERIC)
- Uso da moeda do estado español (LC_MONETARY)
- Amosar a data en lingua galega (LC_TIME)
E, ademáis, na glibc 2.2:
- Coñece-las medidas normais do papel (LC_PAPER)
- Representar correctamente os números de teléfono do país (LC_TELEPHONE)
- Expresa-las medidas nas unidades correctas (LC_MEASUREMENT)
- Formatar correctamente un enderezo postal (LC_ADDRESS)
Podes baixa-lo código fonte destes ficheiros para usares coa librería glibc 2.0, coa librería glibc 2.1, ou coa librería glibc 2.2.
Se o desexas, tamén podes baixar os ficheiros xa compilados e listos para usar, para glibc 2.0, para glibc 2.1, ou para glibc 2.2. Para instalalo, debes segui-los seguintes pasos:
* Como root, crea o directorio /usr/share/locale/gl_ES se usas glibc 2.0 ou 2.1, ou /usr/lib/locale/gl_ES se usas glibc 2.2
* Descomprime alí o ficheiro que acabas de baixar.
* Modifica o teu ficheiro ~/.bash_profile ou o /etc/profile de forma que teña
unha liña que poña:
export LC_ALL=gl_ES
* Fai logout e volve a entrar no sistema.
* Executa o comando date, para probar que todo estea ben feito.
O ficheiro LC_CTYPE incluído coa glibc 2.1 non é correcto. Debes baixar estoutro LC_CTYPE e copialo no canto do orixinal, en /usr/share/locale/gl_ES.