Únete

Que é o Proxecto Trasno?

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,

  • é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticos ao galego
  • é un proxecto que se adica só ao software libre
  • é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
  • un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego

A xente do proxecto comeza no ano 1999 e  formase oficialmente coma o Proxecto Trasno no 2000. Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno

Que se necesita?

Para pode colaborar necesítase:

  • que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
  • que saiba galego, pois traducimos ao galego
  • que se teña uns coñecementos medios de informática (preferiblemente de sistemas Unix)

mais aínda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:

  • pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
  • pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
  • e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado

De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións moi diversas.

Axúdanos!

A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man traducindo:

  1. Rexístrate na lista de correo
  2. Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
  3. Bótalle un ollo á Guía de estilo da tradución e aos Termos frecuentes
  4. Bótalle un ollo á Introdución á tradución de software
  5. Afaite cun programa para traducir
  6. Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
Tamén podes botar unha man: 
  1. informando de erros en traducións xa feitas no noso foro
  2. revisando as traducións xa feitas
  3. traballando en recursos lingüísticos e ou de axuda técnica na nosa wiki
  4. difundindo que existen aplicativos xa traducidos
  5. facendo guías ou tutoriais de software en galego

Que traduzo?

Se decides traducir e estás que non sabes que programas traducir podes comezar por 
mirar nos aplicativos que temos no
panel lateral onde pon "proxectos de tradución"
e unirte a ese equipo de traballo. Se non te convencen podes mirar os aplicativos que usas e que gusten a ver cales son software libre e mirar a ver se xa se traduce. Cando teñas unha idea contacta connosco. Se non tes nin idea de por onde comezar, pregúntanos e recomendarémosche algún. 

As posibilidade son amplas. Alguns exemplos:
  • Distribucións Linux: Mandriva, openSUSE , Ubuntu...
  • Contornos de escritorio: GNOME, KDE, LXDE, Xfce...
  • Ofimática: Koffice, Openoffice
  • Multimedia: VLC, SMplayer, Blender, Inkscape, Scribus, KDELive...
  • Internet: Kopete, Pidgin, XChat, Liferea, Gwibber, Evolution, Kontact, Quassel...
Os grupos máis relevantes teñen unha páxina propia á que accedes dende o panel lateral de "Proxectos de tradución". Cada proxecto ten información específica en cada unha delas.