Quen somos?

O Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é:
  • é un proxecto de colaboración por medio internet para traducir (localizar) aplicativos informáticos ao galego
  • é un proxecto que se adica só ao software libre
  • é un proxecto formado por voluntarios, contribúen o seu tempo e esforzo a esta actividade
  • é un punto de encontro para todos aqueles que queremos que haxa tecnoloxía en galego

O Proxecto Trasno nace no ano 2000 a partir de dous proxectos que no 1999 comezan a localizar software libre e documentación ao galego. Durante estes anos os voluntarios do proxecto traballaron nos principais aplicativos de software libre: dende as distrubucións Linux, os entornos de escritorio a cantidade de ferramentas de ofimática ou multimedia. Así mesmo, o traballo de elaboración de terminoloxía do eido das novas tecnoloxías é unha das principais ocupacións do grupo.

A Asociación Proxecto Trasno

Oficialmente, a
“Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno”
é unha organización sen ánimo de lucro de ámbito autonómico galego que representa legal e financieiramente ao Proxecto trasno dende 2009.

Os fins da asociación inclúen:

  • Promover as iniciativas de localización
  • Localizar software libre ao galego
  • Dar recursos e ferramentas aos voluntarios que localizan ao galego
  • Contribuír á lingua galega mediante a inserción desta no ámbito das novas tecnoloxías
  • Representar á comunidade do Proxecto Trasno

Tes información máis detallada en: