
Distribución openSUSE
A distribución openSUSE apareceu a principios de 2006 como a herdeira de SuSE Linux. Ten varias utilidades traducibles, principalmente a ferramenta de instalación e configuración YaST.
O proxecto de tradución ao Galego de Suse estaba abandonado desde 2001. Desde mediados de marzo de 2008 estamos a retomar a tradución con Leandro Regueiro e Manuel Vázquez como coordinadores. Se queres colaborar escribe á lista de correo do Proxecto Trasno ou ponte en contacto cos coordinadores. Precisamos a túa axuda!
Para facilitar a coordinación do grupo, estamos empregando a plataforma Vertaal, na que o Equipo de Tradución de openSUSE ao Galego ten un espazo para a asignación de tarefas, a información do estado da tradución e demais, todo de xeito colaborativo e en liña.
Solicita unha conta no apartado Rexistro de Vertaal e xa podes comezar a túa colaboración.
Ligazóns:
- Web oficial de openSUSE
- Guía para a tradución de openSUSE
- Plataforma de axuda para tradutores Vertaal
- Estatísticas de tradución ao galego
Historia do grupo de tradución
- Xuño de 2000: Creado o grupo de tradución ao galego de SuSE Linux, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
- Agosto de 2000: Publicada SuSE Linux 7.0, primeira versión da distribución con soporte parcial de galego.
- Maio de 2001: Proxecto abandonado pola ausencia de colaboradores interesados.
- Marzo de 2008: Retomado o proxecto de tradución por Manuel Vázquez.
- Abril de 2008: Leandro Regueiro convértese en coordinador xunto a Manuel Vázquez.
- Xuño de 2008: Primeiros resultados. openSUSE 11 ao 39,65%
- Decembro de 2008: Publicouse openSUSE 11.1 ao 51%
- Maio de 2009: Estamos nun 50%
- Outubro 2009: Estamos nun 66%
- Novembro de 2009: Publicouse openSUSE 11.2 ao 70%
- Abril de 2010: Estamos nun 75% para a futura openSUSE 11.3
- Xullo de 2010: Acábase de publicar openSUSE 11.3 ao 84%. A versión en desenvolvemento está ao 89%
- Marzo de 2011: Acábase de publicar openSUSE 11.4 cun nivel de tradución do 92%



