Free Translation Project

Esta é a páxina sobre a equipa galega de tradución no “Translation Project” da Universidade de Montreal.

Que é o Free Translation Project?

O “Translation Project” (ou TP) é un proxecto de tradución de diversas utilidades e aplicacións de software libre. Os autores destas aplicacións décenlle ao TP a xestión das traducións (organización de grupos para cada lingua, asignación de responsables, recollida, procesamento e envío dos ficheiros traducidos), aproveitando o sistema automatizado do que dispón o TP.

Inicialmente estaba ligado ao proxecto GNU, polo que as ferramentas deste proxecto seguen a ser maioritarias, aínda que non as únicas, como se pode comprobar na lista de aplicacións dispoñibles para traducir.

Quen coordina o grupo galego?

Actualmente non hai ningún responsable para este grupo de tradución. Se queres colaborar, escribe á lista de correo ou directamente a Francisco Javier Tsao Santín, o actual coordinador.

Requisitos especiais para as utilidades GNU

Para o caso particular das ferramentas do proxecto GNU, é previamente imprescindíbel encher, imprimir, asinar e enviar o que lle chaman un ‘Translation Disclaimer’, no que, en resume, declaras que non vas tentar impoñer límites á distribución das traduccións de utilidades GNU que fagas.

Podes atopar nesta páxina información máis detallada sobre o disclaimer e o procedemento para envialo.

Ligazóns

  • Web do Translation Project
  • Estatísticas de tradución do equipo galego

Historia do grupo de tradución

  • Xullo de 1999: Creado o grupo de tradución a galego do GNU Translation Project, con Jacobo Tarrío como coordinador.
  • Abril de 2008: Reactivado o grupo de tradución ó galego do GNU Translation Project, con Francisco Javier Tsao Santín como coordinador.
 
tp/inicio.txt · Última modificación: 2008/04/16 17:00 por unho
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki