a Trasnada 11.0

A trasnada é o evento que reune aos tradutores de software libre ao galego. Celebrado por primeira vez en Ordes, desta volta a súa segunda edición celebrase na cidade das Burgas. Alí daremonos cita para fixar terminoloxía e expor ao público o noso traballo.

En que consiste?

A trasnada serve de punto de encontro para tradutores de software libre, aqueles que traballamos baixo o paraugas do Proxecto Trasno. O evento serve de sesión de traballo. Estando enfocados en producir calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía no ámbito da tradución. Por outra banda, serve de escaparate ao público que queira coñecer o proxecto, a xente que o conforma e como punto de aprendizaxe para todos os interesados en colaborar na localización.

Cando e Onde?

A trasnada 11.0 farase este 28 de Maio na Casa da Xuventude, na Cidade de Ourense, rúa Celso Emilio Ferreiro, 27. Aquí tedes un mapa de onde se realiza o evento:

Ver mapa más grande

Programa da xornada

1. Sesión de Mañá:

Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática

Lugar: Sala 4º, Casa da Xuventude

10:00 Apertura da Xornada

10:15 Preparación da sesión terminolóxica

11:30 Asemblea Xeral Ordinaria da AC Proxecto Trasno

14:00 Descanso para comer

2. Sesión de Tarde

Espazo 1

Lugar: Sala 4º, Casa da Xuventude

Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática

16.30 Sesión de terminoloxía (cont.)

18:00 Hackmeeting: Sesión de coordinación de equipos de tradución e traballo en proxectos específicos.

20:00 Peche da sesión

Espazo 2

Lugar: Aula de Vídeo, Casa da Xuventude

Destinada a: público xeral

16:30 "11 anos de Proxecto Trasno" - Relatorio sobre que é o proxecto e que fai e cal foi a súa historia nesta última década de traballo inenterrompido

17:30 "Introdución á tradución de software libre" - obradoiro teórico práctico sobre localización ao galego.

19:00 Sorteo dun agasallo tecnolóxico basado en ferramentas libres a un dos asistentes. Haberá outros agasallos para todos os asistentes.

20:00 Peche da xornada

Que necesito para ir á trasnada?

Tanto se vés á xornada de terminoloxía coma a aos relatorios para público xeral recomendamos que traias o teu equipo portátil.

Pódese seguir a través da rede?

Os membros da asociación poderán seguir e participar no evento polas canles IRC do proxecto. As novas que se vaian producindo iranse subindo aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chios no web). Estade moi atento as redes e animádevos a interactuar connosco ese día!.

O relatorio de "11 anos de Proxecto Trasno" subirase ao web con posterioridade.

Máis info na sección da wiki.