a Trasnada 11.1

O lugar onde se vai celebrar a Trasnada cambiou a unha sala cedida por Amigos da Terra situado en Vigo na rúa Policarpo Sanz, nº 17, entreplanta fronte ao Centro Social de Novacaixagalicia.

A trasnada é o evento que reune aos tradutores de software libre ao galego. Celebrado por primeira vez en Ordes e despois outra vez na cidade das Burgas, desta volta a súa terceira edición celebrase na cidade olívica. Alí daremonos cita para fixar terminoloxía e expor ao público o noso traballo.

En que consiste?

A trasnada serve de punto de encontro para tradutores de software libre, aqueles que traballamos baixo o paraugas do Proxecto Trasno. O evento serve de sesión de traballo. Estando enfocados en producir calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía no ámbito da tradución. Por outra banda, serve de escaparate ao público que queira coñecer o proxecto, a xente que o conforma e como punto de aprendizaxe para todos os interesados en colaborar na localización.

Cando e Onde?

A trasnada 11.1 terá lugar este 12 de Novembro nunha sala cedida por Amigos da Terra, na Cidade de Vigo, rúa Policarpo Sanz, 17, na entreplanta, xusto en fronte do Centro Social de Novacaixagalicia. Aquí tedes un mapa de como chegar desde a (nova) estación do tren a onde se realiza a actividade:


Ver mapa máis grande

Programa da xornada

1. Sesión de Mañá

Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática

Lugar: Sala cedida por Amigos da Terra

10:00 Apertura da Xornada

10:30 Preparación da sesión terminolóxica

14:00 Descanso para xantar

2. Sesión de Tarde

Lugar: Sala cedida por Amigos da Terra

Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática

16.00 Sesión de terminoloxía (cont.)

19:30 Peche da sesión

Que necesito para ir á trasnada?

Recomendámosche que traias o teu equipo portátil.

Pódese seguir a través da rede?

Os membros da asociación poderán seguir e participar na actividade pola canle IRC do proxecto (#trasno en irc.freenode.net). As novas que se vaian producindo iranse enviando aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chios no web). Estade moi atento as redes e animádevos a interactuar connosco ese día!.

NOTA: Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Proxecto Trasno desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.