
Lista de correo
A comunicación diaria da xente do proxecto realízase mediante listas de correo. Esa canle de comunicación pon en contacto a toda a xente que participa nos proxectos de tradución e fai de punto central de coordinación e intercambio de información e opinións. Se queres colaborar no proxecto, subscríbete á lista:
- Para subscribirte á lista, envía unha mensaxe a proxecto-subscribe en trasno.net ou entra na web .
- Para mandar mensaxes puntuais á lista, escribe ao enderezo proxecto en trasno.net.
- Se tes problemas, escribe a listas en trasno.net.
Podes consultar os ficheiros da lista polo Web sen necesidade de te subscribires así como tamén podes consultar os ficheiros históricos, comezando polo ano 1999, de listas anteriores á actual.
Se es usuario de gpg, podes atopar aqui as chaves públicas de case todos os integrantes da lista, ou, tamén, podes empregar en terminal/consola a orde
wget -O- http://trasno.net/ficheiros/anel-gpg-trasno.txt | gpg --import



