
Únete
Que é o Proxecto Trasno?
O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,
- é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticos ao galego
- é un proxecto que se adica só ao software libre
- é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
- un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego
A xente do proxecto comeza no ano 1999 e formase oficialmente coma o Proxecto Trasno no 2000. Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno
Que se necesita?
Para pode colaborar necesítase:
- que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
- que saiba galego, pois traducimos ao galego
- que se teña uns coñecementos medios de informática (preferiblemente de sistemas Unix)
mais aínda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:
- pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
- pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
- e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado
De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións moi diversas.
Axúdanos!
A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man traducindo:
- Rexístrate na lista de correo
- Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
- Bótalle un ollo á Guía de estilo da tradución e aos Termos frecuentes
- Bótalle un ollo á Introdución á tradución de software
- Afaite cun programa para traducir
- Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
- informando de erros en traducións xa feitas no noso foro
- revisando as traducións xa feitas
- traballando en recursos lingüísticos e ou de axuda técnica na nosa wiki
- difundindo que existen aplicativos xa traducidos
- facendo guías ou tutoriais de software en galego
Que traduzo?
Se decides traducir e estás que non sabes que programas traducir podes comezar por
mirar nos aplicativos que temos no
panel lateral onde pon "proxectos de tradución"
e unirte a ese equipo de traballo. Se non te convencen podes mirar os aplicativos que usas e que gusten a ver cales son software libre e mirar a ver se xa se traduce. Cando teñas unha idea contacta connosco. Se non tes nin idea de por onde comezar, pregúntanos e recomendarémosche algún.
- Distribucións Linux: Mandriva, openSUSE , Ubuntu...
- Contornos de escritorio: GNOME, KDE, LXDE, Xfce...
- Ofimática: Koffice, Openoffice
- Multimedia: VLC, SMplayer, Blender, Inkscape, Scribus, KDELive...
- Internet: Kopete, Pidgin, XChat, Liferea, Gwibber, Evolution, Kontact, Quassel...



