Aquí podes atopar as nosas recomendacións e consellos para facer as traducións. Tenta seguilas o máximo que poidas.
Hai que ter moito ollo con algunhas expresións inglesas, xa que moitas veces as traducións literais non son aconsellables.
No caso dos programas, procuramos despersonalizar ó ordenador, de xeito que teña o comportamento habitual dunha máquina. Isto se resume en:
Hai que mirar isto con flexibilidade, e respectar a decisión do autor en inglés. Ás veces no orixinal úsase ‘I’ en primeira persoa para o ordenador, e non paga a pena estar a face-la conversión ó traducir.
Para a tradución de documentación, pola contra, ó ser unha comunicación entre persoas (tradutor/escritor - usuario), déixaselle a cada un a elección do trato, aínda que recomendamos o uso de ‘ti’.
Lembra que os tiles en galego son necesarios, e un texto que non os teña pode parecerlle pouco serio a moitos usuarios. Procura poñelos sempre, e non esquezas as seguintes regras conflitivas cando hai varias vogais seguidas:
A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar sobre a lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso polo que utilizamos a normativa oficial, que nos permite chegar á maior parte dos usuarios do galego, e que é a mellor solución en canto ó material de consulta dispoñible (dicionarios, normas ortográficas...). Polo tanto, tenta por favor evitar calquera discusión sobre o tema na lista de correo, xa que non vai levar a ningures.
Por outra banda, hai xente que segue a preferir utilizar outras normativas. Malia que algunhas desas traducións estean distribuídas nas versións oficiais, aquí recollémolas na sección de Outras Normativas. Nas seccións correspondentes poñemos unha adaptación á normativa oficial. As razóns son evitar unha mestura de diferentes normativas, e facilitar tarefas como a comprobación e revisión das traducións.
En canto ás variantes que permite a normativa oficial (ó/ao, dende/desde, segunda forma do artigo, etc...), obviamente non hai ningunha restrición, e cada un é libre de escoller o que queira. Limitámonos a transmitir a recomendación do ILG de utilizar a terminación -ble no canto de -bel, por ser aquela máis próxima á fala. Lembra de calquera xeito que debes tentar ser homoxéneo coa túa escolla ó longo da tradución.
Hai outras guías de estilo disponíbeis na rede. É interesante votarlles un ollo.