Lista de correo

A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre os colaboradores dos diferentes grupos.

O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou 30 mensaxes de media mensual.

Podes consultar os arquivos da lista pola Web sen necesidade de te subscribires. Tamén temos arquivos históricos, comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual.

Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas.

Para te subscribir á lista, envía unha mensaxe a proxecto-subscribe@trasno.net.

Para mandar mensaxes á lista, escribe ao enderezo proxecto@trasno.net.

Se tés problemas, escribe a proxecto-owner@trasno.net.

 
trasno/lista.txt · Última modificación: 2009/10/18 21:43 por jacobo
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki