Como colaborar

Escolle o grupo

O primeiro que debes facer é escoller algún grupo de tradución no que che interese traballar. Fala co coordinador do grupo e segue as instrucións que se atopen na súa sección ou, se queres adiantarte, lé o apartado recursos para tradutores onde atoparás información xeral sobre a tradución de programas e documentación, un dicionario inglés-galego técnico e unha guía de estilo. Amósanse a continuación os diferentes grupos:

Grupos de tradución

Gnome
debian.jpg
Debian

KDE

SuSE
fedora.jpg
Fedora
mandriva.jpg
Mandriva

Tamén podes colaborar facendo a tradución dalgún programa en particular que non se atope incluído en ningún dos grupos anteriores. Para iso, recoméndase avisar na lista de correo antes de pórse a traducir (é posíbel que xa se estivera a traducir). Unha vez traducido envíanos a tradución, se queres, para poñela na lista de outras aplicacións e logo envíalla ao(s) autor(es) do programa.

 
trasno/colaborar.txt · Última modificación: 2007/01/10 20:50
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki