Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego. Levamos a funcionar desde o ano 2000, aínda que algúns dos proxectos aquí reunidos existen desde o 1999. Para máis información sobre a historia do proxecto vai ás preguntas frecuentes . Atoparás alí tamén algunha información sobre a filosofía do software libre en xeral, e algo sobre o espírito altruista das traducións que realizamos.

O proxecto está constituido hoxe en día polos grupos de tradución de Gnome, KDE, Free Translation Project e das distribucións Debian, Mandriva, Fedora e SuSe. Se queres colaborar nun ou máis destes grupos, vai á correspondente seción e contacta co respectivo cordinador para que che informe. Tamén lle podes botar un ollo ás axudas da seción de recursos para traductores percibir o doado que resulta traducir e caer na conta de que só se precisa algún ratiño libre para colaborar co proxecto.

 
trasno/inicio.txt · Última modificación: 2007/01/10 20:50
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki