Lista de correo

A comunicación diaria da xente do proxecto realízase mediante listas de correo. Esa canle de comunicación pon en contacto a toda a xente que participa nos proxectos de tradución e fai de punto central de coordinación e intercambio de información e opinións. Se queres colaborar no proxecto, subscríbete á lista: 

Arquivos da lista

Podes consultar os arquivos da lista polo Web, sen necesidade de te subscribires. Desde o inicio do Proxecto Trasno no ano 1999, a súa lista de correo tivo diferentes enderezos, e agora mesmo no sitio web do Proxecto Trasno só se poden consultar os arquivos máis recentes do último enderezo da lista de correo-e do Proxecto Trasno:

Para facilitar a consulta de todos os arquivos de todas as listas do Proxecto Trasno estes reuníronse nun único arquivo que se pode consultar en calquera dos seguintes lugares:

Chaves GPG

Se es usuario de gpg, podes descargar as chaves públicas de case todos os integrantes da lista, ou tamén podes empregar en terminal/consola a orde:

wget -O- http://trasno.net/ficheiros/anel-gpg-trasno.txt | gpg --import