[[trasno:novas_antigas]]
 

Novas antigas

  • 19/12/2008: Acaba de saír openSuse 11.1 cun nivel de tradución do 42%.
  • 23/11/2008: Acaba de rematar a Akademy-es 2008 que se celebrou na FIC (Facultade de Informática da Coruña) e na que varios trasnegos se puideron reunir e conversar, ademais de falar con xente interesada no Proxecto Trasno. Está a disposición pública unha das presentacións empregadas durante a aKademy para a formación de novos tradutores.
  • 10/11/2008: Realizouse unha presentación nas Xornadas para Alumnos Noveis da FIC para falarlle ós novos alumnos sobre o Proxecto Trasno.
  • 31/10/2008: Tivo lugar a segunda edición da G11n. Esta vez para debater os avances e algúns novos obxectivos.
  • 29/08/2008: O equipo de tradución de KDE vai comezar a tradución da documentación ó ter case rematada a tradución da interface.
  • 28/08/2008: Engadiuse unha lista de cidades, outra de lista de constelacións e outra de obxectos celestes.
  • 19/06/2008: Acaba de saír openSuse 11. O nivel de tradución é do 39%. Mellorarémolo en próximas versións.
  • 11/05/2008: Tivo lugar unha xuntanza chamada G11n entre Mancomún (Xunta), empresas de tradución (Reverso, Tagen Ata) e voluntarios de tradución (Trasno, Ciberirmandades, Rosetta, etc.) para debater o futuro da tradución de Software libre ó galego.
  • 20/04/2008: Reactivouse a tradución de openSuse. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo.
  • 20/04/2008: Reactivouse a tradución no Translation Project. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo.
  • 21/03/2008: Estamos buscando información para actualizar a páxina sobre a tradución da distribución Mandriva. Polo de agora pódense consultar as estatísticas en Estatísticas de tradución de Mandriva (sitio non oficial).
  • 16/03/2008: Engadiuse no apartado de Recurso para os tradutores → Listaxe, as ligazóns ao servizo de dicionario de KDE, posto a andar a comezos de marzo de 2008.
  • 14/03/2008: Dada a proximidade do lanzamento de KDE 4.1, recoméndase a todos os voluntarios adicados á tradución deste escritorio e dos seus programas, que deixen calquera versión anterior e se adiquen a esta. A coordinación, coma sempre, através da lista de correo.
  • 28/05/2007: Engadíronse no apartado de Recursos para os tradutores → Listaxe dúas ligazóns → Vocabularios, dúas novas ligazóns: PhotoShop Português/ Inglês e Tradución de Comandos de Photoshop - Ingles a Español.
  • 10/04/2007: Engadíronse no apartado de recursos para tradutores as Memorias de tradución de Gnome.
  • 21/02/2007: Hoxe foi publicado KOffice 1.6.2, que inclúe por primeira vez tradución ao galego. Está completa nun 97% da gui, e adicionalmente disponse do 5% da documentación traducida e acesíbel nos repositorios. Esperamos aumentar esta porcentaxe nos vindeiros meses.
  • 13/02/2007: Engadiuse unha listaxe de ligazóns a dicionarios e vocabularios en liña que poden ser de utilidade para todos os tradutores voluntarios.
  • 05/02/2007: Acaba de anunciarse a versión 0.45 de Inkscape, traducido nun 57%. En próximas versións mellorarase e ampliarase a tradución.
  • 22/10/2006: Saiu a última versión de Mandriva, a 2007, traducida ó galego nun 91%. É certo que aviso un pouco tarde, pero mellor tarde ca nunca.
  • 31/07/2006: Engadido un transliterador de portugués para galego na sección de recursos para tradutores.
  • 31/07/2006: Engadiuse unha lista de países e rexións.
  • 31/07/2006: Engadidas as recomendacións do glosario técnico ao normativizador.
  • 27/07/2006: Engadíronse novas traducións de documentación na sección de documentación.
  • 27/07/2006: Engadido un normativizador na sección de recursos para tradutores para adaptar automaticamente as traducións á normativa do 2003.
  • 21/07/2006: Inauguramos a nova web de Trasno, baseada nun sistema wiki. Aínda non está rematada, esperamos ir completándoa nas próximas semanas.
 
trasno/novas_antigas.txt · Última modificación: 2009/11/16 13:28 por unho
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki