Únete

Que é o Proxecto Trasno?

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,

  • é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticos ao galego
  • é un proxecto que se adica só ao software libre
  • é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
  • un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego

A xente do proxecto comeza no ano 1999 e  formase oficialmente coma o Proxecto Trasno no 2000. Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno

Que se necesita?

Para pode colaborar necesítase:

  • que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
  • que saiba galego, pois traducimos ao galego
  • que se teña uns coñecementos medios de informática (preferiblemente de sistemas Unix)

mais aínda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:

  • pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
  • pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
  • e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado

De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións moi diversas.

axudanosAxúdanos!

A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man traducindo:

  1. Rexístrate na lista de correo
  2. Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
  3. Bótalle un ollo á Guía de estilo da tradución e aos Termos frecuentes
  4. Bótalle un ollo á Introdución á tradución de software
  5. Afaite cun programa para traducir
  6. Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
Tamén podes botar unha man:
  1. informando de erros en traducións xa feitas no noso foro
  2. revisando as traducións xa feitas
  3. traballando en recursos lingüísticos e ou de axuda técnica na nosa wiki
  4. difundindo que existen aplicativos xa traducidos
  5. facendo guías ou tutoriais de software en galego

Que traduzo?

Se decides traducir e estás que non sabes que programas traducir podes comezar por
mirar nos aplicativos que temos no
panel lateral onde pon “proxectos de tradución”
e unirte a ese equipo de traballo. Se non te convencen podes mirar os aplicativos que usas e que gusten a ver cales son software libre e mirar a ver se xa se traduce. Cando teñas unha idea contacta connosco. Se non tes nin idea de por onde comezar, pregúntanos e recomendarémosche algún.

As posibilidade son amplas. Alguns exemplos:
  • Distribucións Linux: Mandriva, openSUSE , Ubuntu…
  • Contornos de escritorio: GNOME, KDE, LXDE, Xfce…
  • Ofimática: Koffice, Openoffice
  • Multimedia: VLC, SMplayer, Blender, Inkscape, Scribus, KDELive…
  • Internet: Kopete, Pidgin, XChat, Liferea, Gwibber, Evolution, Kontact, Quassel…
Os grupos máis relevantes teñen unha páxina propia á que accedes dende o panel lateral de “Proxectos de tradución”. Cada proxecto ten información específica en cada unha delas.

8 Respostas

  • xiseme di:

    Non sabendo inglés; sendo o meu galego coloquial e nada ortodoxo; non podo contribuir traducindo.
    Así e todo, detectei en LibreOffice e Apache OpenOffice hai algúns erros na traducción dos nomes de funcións en CALC tales como nomes idénticos para funcións
    diferentes que coido compre corrixir.
    Cómo vo-las fago chegar?

    Responder
    • Miguel Branco di:

      Ola, perdoa o retraso en che contestar. Toda axuda dese tipo agradécese. Unha maneira é rexistrándote na lista de correo de trasno (http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto) e cada vez que vexas un erro deses informar del enviando un correo alí. Se é só para libreoffice podes facer o mesmo pero dende a lista de correo do equipo galego de tradución (http://gl.libreoffice.org/colaborar/).

      Responder
    • Proxecto Trasno di:

      Quede constancia que xa se arranxou

      Responder
  • ÁlvaroXinzo di:

    Eu estou axudando a traducir o twitter ao galego, e xa levamos moito feito. Pronto estará dispoñible para Ios e para Android e xa está dispoñible para ordenadores

    Responder
  • Xabier Cancela di:

    Isto de agregase a trasno é moi complicado, ademais quen usa hoxe en dia rolda de correo? fíxenme un lio para querer entrar na rolda de correos , como se amaña iso …

    Responder
    • Antón Méixome di:

      Ola Xabier, máis sinxelo non pode ser:

      http://listas.trasno.net/listi…

      As roldas de correo seguen a ser o estándar de participación de máis do 90% dos proxectos de localización de software (tradición dos desenvolvedores). A alternati va son aqueles proxectos que utilizan unha plataforma web como Ubuntu (que utiliza Launchpad.net) ou Creative Commons (que utiliza Transifex.net) e aínda moitos outros que combinan listas e web como LibreOffice.

      Responder
      • Xabier Cancela di:

        Á lista xa me suscribin, pero coma se non me suscribirá, nin me manda mensaxes, nin podo entrar, e agora incluso para postear aqui, pideme o e-mail, non era máis fácil un sistema de foros? unha só nick e moverse por toda a web?

      • Xabier Cancela di:

        Pois xa é a segunda vez que che respondo, é esto non furrula, tampouco o de darse de alta na rolda de correo, non pasa nada nin sequera hai un e-mail de benvida ou confirmación …



Deixe unha resposta Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>