Coordinación do desenvolvemento do corrector Hunspell de galego

De Proxecto trasno

Ir a «Corrector Hunspell de galego».

Índice

Esta páxina ten por obxectivo servir de punto de encontro para os contribuidores do corrector Hunspell de galego. Para información xeral sobre o corrector, véxase a páxina en trasno.net.

O código fonte do corrector Hunspell de galego está aloxado en GitHub.

Para aprender a traballar co código fonte co corrector, véxase a Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego.

Erros e propostas pendentes

Nota: Aquí calquera que queira anotará erros detectados ou propostas de mellora do corrector. Unha vez valorado polos desenvolvedores, anotaranse noutro espazo da folla ou aplicaranse e indicarase.

Palabras correctas marcadas coma incorrectas

A lista de erros a considerar está baleira. Se atopa algún erro que non estea listado xa nesta páxina (noutra sección, por exemplo), engádao aquí.

Palabras incorrectas marcadas coma correctas

Nota: Antes de engadir un erro deste tipo, asegúrese de que de verdade é un erro. Unha palabra pode non ser correcta como adxectivo ou substantivo pero si ser unha forma válida dun verbo. Por exemplo: diferencia - verbo, diferenza - substantivo.
A lista de erros a considerar está baleira. Se atopa algún erro que non estea listado xa nesta páxina (noutra sección, por exemplo), engádao aquí.

Suxestións

Nota: Este espazo é para suxestións xenéricas e xerais. Engada as suxestións de parellas de palabras á lista da Galipedia en vez de a esta páxina (por exemplo: «árbol → árbore»). Teña en conta que só poden engadirse suxestións, non poden eliminarse (sen, por regra xeral, eliminar outras útiles) ou cambiar a orde das suxestións existentes.
  • Nas palabras incorrectas engadide con e sen til. Por exemplo: confradía, confradia → confraría, convirtíu → converteu, kilometros → quilómetros.
  • Nas palabras incorrectas engadide con e sen maiúscula inicial. Sin → Sen.

Módulos

Digalego

Módulo que incluirá o vocabulario do Digalego que non forme parte do DRAG. Listado aquí porque en caso de crearse, o recurso seguinte sería de gran utilidade. Pero non hai actualmente plans de crear este módulo.

  • Esta mensaxe, do 08-01-2009, leva anexa unha lista de palabras do Digalego.

Erros e propostas pendentes de cambios en Hunspell

Permitir o uso de $ na cadea de substitución

  • *bucear → nadar a somorgullo.
  • *enemigar → poñer a mal.
  • *planchar, pranchar → pasar o ferro.

Erros e propostas en discusión

Sen decisión actualmente.

Vocabulario

En xeral habería que revisar a construción de derivados con sufixos e prefixos habituais (bi-, auto-, semi-, pro-, des- ). En todo caso, de introducirse debe facerse en conxunto, non ao socaire do que vaia aparecendo porque son variantes sistémicas de lingua.

Os prefixos máis frecuentes e relevantes para compoñer unha regra serían:

  • a-, ab-, aero-, afro-, alo-, an-, anfi-, anglo-, ante-, anti-, anti-, antropo-, arbori-, archi-, arqui-, auto-, bi-, bio-, bis-, carbo-, cardi-, centro-, ciclo-, cinema-, circun-, contra-, cosmo-, crio-, cuadr-, cuadri-, curvi-, dactilo-, deca-, deci-, demo-, dermato-, des-, di-, dia-, duo-, e-, eco-, endo-, enter-, entre-, epi-, equi-, estereo-, eu-, euro-, ex-, exo-, extra-, farmaco-, ferro-, fibro-, filo-, fisi-, fon-, grafo-, greco-, hemi-, hept-, heter-, hetero-, hex-, hidr-, hip-, hiper-, hipo-, homo-, i-, indo-, infra-, inter-, intra-, intro-, kilo-, lact-, loco-, logo-, lonxi-, luso-, macro-, magneto-, maxi-, mecano-, medico-, medio-, meso-, meta-, micr-, mini-, mio-, miso-, mono-, nano-, narco-, necro-, neo-, neur-, norte-, octo-, odont-, ofic-, ole-, omni-, onoco-, oo-, organo-, ornito-, orto-, oto-, ovo-, paleo-, pan-, penta-, per-, peri-, petro-, pielo-, piro-, pluvio-, podo-, poli-, porta-, pos-, post-, pre-, preter-, pro-, proto-, pseudo-, psic-, re-, rect-, retro-, semi-, servo-, seudo-, sin-, sismo-, so-, sobre-, socio-, sono-, sub-, super-, supra-, sur-, tecno-, tele-, teo-, topo-, toxico-, traqueo-, tri-, trombo-, turbo-, ultra-, uni-, uro-, vaso-, vice-, video-, xeo-, xero-, zoo-.

Erros e propostas sen fontes

Os seguintes erros e propostas aínda non se corrixiron ou aplicaron no corrector, a falta dunha fonte que os apoie, dado que non están contemplados no dicionario da Real Academia Galega.

Debe achegarse unha fonte para eliminalos da lista:

  • Ou ben unha fonte que apoie a súa validez; nese caso o termo engadirase ao corrector, xeralmente nun módulo para termos da fonte en cuestión que o valida.
  • Ou ben unha fonte que condene a súa validez; nese caso, o corrector actualizarase para fornecer suxestións para o termo.

Se coñece algunha fonte pro-RAG que apoie ou condene a validez de algún destes termos, non dubide en facérnolo saber.

Pode engadir vocabulario a partir de aquí.

Véxase tamén

  • Glosarios, para vocabularios específicos.
  • Páxina orixinal en Mancomún.
Ferramentas persoais
  • Rexistro
Caixa de ferramentas