Engadir unha suxestión ao corrector Hunspell de galego

De Proxecto trasno

Ir a «Guía de desenvolvemento do corrector Hunspell de galego».

Estes son os pasos a seguir para engadir unha suxestión para unha palabra incorrecta ao corrector:

  1. Decide en qué módulo engadir a suxestión.
  2. Edita o ficheiro «.rep» correspondente (se non existe ningún no módulo elixido, crea un; por exemplo: «suxestións.rep»).
  3. Engade unha liña definindo a suxestión. O formato da liña depende da complexidade da suxestión:
    • Para unha suxestión sinxela sen flexión da palabra incorrecta, escribe palabra incorrecta, co prefixo «^» e o sufixo «$», e a palabra correcta a continuación, separada da incorrecta cun espazo. Por exemplo: ^yo$ eu (suxire «eu» para «yo»).
    • Para unha suxestión na que a palabra incorrecta pode ter plural, e o forma do mesmo xeito que a palabra correcta, omite o $. Por exemplo: ^pao pau (suxire «pau» para «pao», e «paus» para «paos»).
    • Se a suxestión leva espazos (a palabra incorrecta non pode levalos), usa guións baixos no seu lugar. Por exemplo: ^vinteún$ vinte_e_un (suxire «vinte e un» para «vinteún»).

Véxase tamén

  • Ficheiros de suxestións
Vistas
  • Artigo
  • Conversa
  • Ver o código fonte
  • Historial
Ferramentas persoais
  • Rexistro
Caixa de ferramentas
  • Páxinas que ligan con esta
  • Cambios relacionados
  • Páxinas especiais
  • Versión para imprimir