OpenSuse

De Proxecto trasno

Distribución openSUSE

A distribución openSUSE apareceu a principios de 2006 como a herdeira da SuSE Linux. Ten varias utilidades traducibles, principalmente a ferramenta de instalación de configuración YaST.

O proxecto de tradución a Galego de Suse estaba abandonado desde 2001. Dende mediados de marzo se 2008 estamos a retomar a tradución con Leandro Regueiro e Manuel Vázquez como coordinadores.

Se queres colaborar escribe á [mailto: proxecto@trasno.net lista de correo de Trasno] ou ponte en contacto cos coordinadores,[mailto: leandro.regueiro@gmail.com Leandro Regueiro] e Manuel Vázquez . Precisamos a túa axuda!

Para facilitar a coordinación do grupo, estamos empregando a plataforma [[1]], na que o Equipo de Tradución de openSUSE ao Galego ten un espazo para a asignación de tarefas, a información do estado da tradución e demais, todo de xeito colaborativo e en liña.

Solicita unha conta no apartado [de Vertaal] e xa podes comezar a túa colaboración.

Ligazóns

 * [oficial de openSUSE]
 * [para a tradución de openSUSE]
 * [de axuda para tradutores Vertaal]
 * [de tradución ó galego]

Historia do grupo de tradución

 * Xuño de 2000: Creado o grupo de tradución a galego, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
 * Agosto de 2000: Publicada SuSE Linux 7.0, primeira versión da distribución con soporte parcial de galego.
 * Maio de 2001: Proxecto abandonado pola ausencia de colaboradores interesados.
 * Marzo de 2008: Retomado o proxecto de tradución.
 * Xuño de 2008: Primeiros resultados. openSuse 11 ó 39,65%
 * Maio de 2009: Estamos nun 50%
 * Outubro 2009: Estamos nun 66%
Vistas
  • Artigo
  • Conversa
  • Ver o código fonte
  • Historial
Ferramentas persoais
  • Rexistro
Caixa de ferramentas
  • Páxinas que ligan con esta
  • Cambios relacionados
  • Páxinas especiais
  • Versión para imprimir