Historia das traducións de Debian

Ao iniciar o Proxecto decidimos que non iamos facer unha distribución en galego, senón que iamos empregar os nosos esforzos en que as distribucións existentes estiveran traducidas ao galego. Pouco despois, Mandrake foi a primeira distribución de Linux cun instalador en galego, e a esta distribución pronto a seguiron outras.

A tradución do instalador de Debian iniciouna Jacobo Tarrío no ano 2001; a seguinte versión de Debian, 3.0 “woody” xa se podía instalar en galego. A tradución da seguinte versión do instalador iniciouna Héctor Fernández e rematouna Jacobo Tarrío a mediados de 2004; para a próxima versión de Debian, “etch”, ha ser posible instalar Debian vendo todos os textos en galego.

Isto non había ser posible sen a tradución de diversos compoñentes de Debian, coma dpkg e apt (traducidos inicialmente por Alberto García).

 
debian/historia.txt · Última modificación: 2007/01/10 20:50
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki