Obtén o KBabel

Se usas unha distribución usual, emprega o xestor de paquetes que che forneza para instalar o KBabel, xa que adoita estar sempre dispoñíbel (se o está o resto de KDE).

Abre KBabel

Unha vez aberto o KBabel, diríxete ao menú “Proxecto” e “Configurar....”. Dende alí edita primeiro os teus datos de tradutor. Verás un apartado “Identidade” como o seguinte. Éncheo.

NOTA: Se estás a traducir o KDE4, debes ter en conta que se mudou de infraestrutura para usar ficheiros po estándar. Isto implica que deberás ter instalada a versión 0.16 ou máis recente, ademais, no campo “Cabeceira de forma plural de GNU”, debes escribir “nplurals=2; plural=(n != 1)”Listado de formas do plural en distintas línguas

Logo vai ao apartado “Cartafoles” e especifica o camiño aos cartafoles que creaches coas ordes:

 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n/gl/messages/ 
 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n/templates/

(se non executaches estas ordes faino agora dentro dalgún cartafol do teu sistema de ficheiros, por exemplo o teu cartafol persoal)

É dicir, algo semellante a isto:

Para poder anovar o teu repositorio de planteis e traducións (templates e messages) tes que indicarlle a KBabel qué orde executar dentro destes cartafoles. Para elo vai agora ao apartado “Comandos dos cartafoles” e engade unha entrada coma a que se amosa na seguinte imaxe. Ponlle de nome por exemplo “SVN Update” e o comando é “svn update”.

Xa tes listo o teu KBabel. A fiestra principal serve para traducir directamente. Para ir ao xestor de catálogos hai unha entrada no menú “Ferramentas”. Tamén podes iniciar sempre (sen abrir o editor de KBabel) o xestor de catálogos baixo o nome “catalogmanager”. O xestor de catálogos amosarase como éste:

Está a estructura de cartafoles e dentro de cada cartafol unha serie de paquetes ou ficheiros *.po. Para traducir ou ver un destes ficheiros, fai doble clic sobre el. Unha vez traduzas algo, podes mandarllo ao coordinador marcando os ficheiros que che interese (facendo clic a segunda columna á altura de cada ficheiro que modificaras) e dende o menú ferramentas executar “Enviar correo cos marcados”. O programa fará un paquete con todo o que marcaras e abrirase unha mensaxe de correo co arquivo adxunto correspondente para que llo envies ao coordinador actual de KDE (xabigf@gmx.net). Dende ese menú (”Ferramentas”) hai ademais varias opcións interesantes como “Comprobar Sintaxe”, “Revisar Ortografía” ou “Estatísticas”. Por último, para poder anovar (ou sexa, obter as últimas mudanzas feitas polos tradutores ou os trocos introducidos polos desenvolvedores que afecten ás mensaxes) usando os comandos que configuraches, fai clic co botón dereito do rato sobor o cartafol principal (Mensaxes) e escolle “SVN Update” dende a entrada “Comandos dos cartafoles”.

 
kde/kbabel.txt · Última modificación: 2007/05/21 13:27 por mvillarino
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki