Entrada do web > Glósima > Que é Glósima?

Que é Glósima?

martes 23 de febreiro do 2010, por jchaves

Co Glósima pretendemos crear un sistema para a elaboración de terminoloxías que sexa sinxelo e permita a colaboración interdisciplinar e multilingüística.

 É un sistema de sostemento da comunidade (información e debate)
 É sinxelo de configurar e soster (o sistema é un medio e non un fin)
 É adaptable segundo diferentes propósitos e niveis de complexidade
 Permite intercambiar os datos en formatos estándares (especialmente TBX)
 Permite administrar diferentes glosarios dentro do mesmo sistema
 Permite explotar a terminoloxía tanto para consulta como para apoio doutros contidos (dicionario en contexto)
 É capaz de reunir a información necesaria para a formalización de glosarios
 Pretende contribuír como ferramenta libre ao desenvolvemento da cultura, especialmente daquelas que por distintos motivos padecen as insuficiencias do "mercado"

Para o futuro...

Pretendemos crear un sistema terminolóxico que poida ser conectable e interoperar con outros, especialmente abrindo camiño nos aspectos conceptuais e utilitarios da/s lingua/s.

37 Mensaxes do foro

Responder a este artigo

| Espazo privado | Mapa do web |  RSS 2.0
Habillage visuel (c) styleshout sous Licence Creative Commons Attribution 2.5 License