Entrada do web > Glósima > Instrucións para participar

Instrucións para participar

domingo 9 de maio do 2010, por meixome

O Glósima do Proxecto Trasno é un servidor de terminoloxía en web para o debate e a fixación terminolóxica dos tradutores de software galegos.

Con este servizo pretendemos recuperar o inmenso traballo de afinación da terminoloxía da localización en galego. Tanto a elaborada polo propio Proxecto Trasno como por todos aqueles que se preocuparon con esta cuestión. Por esta razón o sistema é necesariamente complexo e, neste momento está dando os seus primeiros pasos.

Como participar?

Pódese participar ata en catro niveis

 Simplemente consultando o buscador e obtendo (ou non) a resposta adecuada á nosa consulta

 Colaborando no debate sobre a fixación da mellor equivalencia ou tradución dun termo.

 Xestionando un glosario específico dun aplicativo ou dunha temática particular.

 Colaborando na xestión do propio servidor de terminoloxía. Tanto do lado da administración do servizo como da programación de solucións a necesidades da comunidade.

Pasos

 Rol visitante: Para consultar non é necesario nada máis que teclear a palabra en «Buscar termo»

 Rol redactor: Para poder escribir un comentario ou fornecer novos datos cómpre rexistrarse. É simple: cubrir os datos do formulario e confirmar o acceso que che chegará por correo.

 Rol editor: Para colaborar como editor ademais de estar rexistrado deberás solicitar permisos como «editor» para poder engadir directamente información sobre as entradas do glosario

 Rol admin: Para colaborar no desenvolvemento ponte en contacto cos administradores do sistema.

Identificadores persoais
Ligazón de hipertexto:

| Espazo privado | Mapa do web |  RSS 2.0
Habillage visuel (c) styleshout sous Licence Creative Commons Attribution 2.5 License