Normativizador

Que é?

É un sinxelo programa en modo texto que permite anovar traducións antigas á normativa do 2003. Se traduces en normativa oficial e non adoitas usar aínda as mudanzas introducidas na Normativa do 2003, podes usar este programa para pór ao día as túas traducións. Polo de agora só funciona se usas a normativa oficial, pero é probábel que se elabore un nun corto prazo de tempo para pasar da normativa de mínimos á oficial, da lusista á oficial e viceversa.

Como ampliación, engadíronse todas as recomendacións do glosario de Trasno de xeito que tamén adapta o vocabulario técnico ao convenio que se adoita usar.

Como funciona?

O programa consta só de 3 ficheiros. O que ten de nome ‘normativizar’ é o propio programa (escrito en Shell). O fichero de texto ‘directas.rules’ consta de dúas columnas, na que a primeira representa os termos a se substituir e na segunda as correspondentes substitucións (parellas de substitución). O ficheiro de texto “complexas.rules” consta tamén de dúas columnas pero só serve para facer substitucións ou correcións en lexemas, morfemas ou calquera trozo non completo de palabra.

Para usar o programa, mete estes tres ficheiros dentro dun cartafol onde teñas todos os ficheiros *.po que queiras corrixir e executa a orde

       sh normativizar

Ollo!, fai unha salvagarda dos ficheiros *.po antes de pasarlles o normativizador. Recoméndase facer unha revisión posterior.

Que utilidade pode ter a maiores?

O programa pódese ampliar ou personalizar de xeito que corrixa os erros que soe ter un como tradutor. Supón que adoitas pór ‘Remover’ para traducir ‘Remove’ no canto de usar ‘Borrar’. Só tes que incluir as parellas (unha en maiúsculas e outra en minúsculas)

      Remover Borrar
      remover borrar

no ficheiro ‘directas.rules’ para que na vindeira execución do programa se substitúa sempre”remover” por “borrar”. Así mesmo podes completar este ficheiro con todas as parellas que queiras para aforrar tempo nas correccións dos erros máis usuais. Lembra que tes que poñer a versión en maiúsculas e minúsculas.

Descargar

Descarga o programa dende aquí. Descomprímeo no cartafol onde teñas os ficheiros *.po que queiras revisar.

 
trasno/normativizador.txt · Última modificación: 2007/01/10 20:50
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki