Ferramentas de revisión de traducións

Nesta páxina pretendo citar e dar ligazóns ás ferramentas de revisión de traducións que hai disponíbeis pola rede, e que podan ser de utilidade para o proxecto Trasno.

check_consistency

Este é un guión perl que se acha nos repositorios de KDE. Como o seu uso non está ben documentado (só no comentário inicial do ficheiro), engadirei que o seu propósito é obter un listado de mensaxes que aparecendo múltiplas veces nos ficheiros que se lle pasen como argumentos, teñen mais dunha tradución diferente.

A parte negativa é que se msgid “New” aparece tanto como msgstr “Novo” como msgstr “Nova”, isto reflictirá-se no ficheiro de resultado, chamado msg_inconsistent.

Se temos un cartafol con ficheiros po, podemos invocar este guión por exempo:

check_consistency `find . -name *.po`

Ferramentas do translation_toolkit

Estas ferramentas son desenvoltas dentro de Wordforge, a mesma xente que está a desenvolver o Pootle Destacan as seguintes:

  • pofilter: examina un conxunto de ficheiros po á procura de erros comúns, configurábeis, entre eles pois citarei a verificación de aceleradores, variábeis, marcas xml e carácteres escapados, así como de outros de menor importancia, como espazos en branco duplos, enderezos de correo, rotas de ficheiros, pontuación, etc. Dispón de 38 tipos diferentes de probas.
  • poconflicts: comproba se existen inconsistencias nas traducións. Exemplo de uso: poconflicts -I –accelerator=”&” ~/KDE_gl ~/inconsistencias ; onde ~/KDE_gl é un cartafol que conté o repositorio da gui de KDE, e inconsistencias e outro cartafol, na anterior ligazón danse mais detalles acerca do seu uso.
 
trasno/revisions.txt · Última modificación: 2007/01/10 20:50
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki